Fío e agulla. Tecendo historias.

Do fío da rede mariñeira ao tecido social da comunidade

Proyecto financiado y promovido por O Concello de O Grove.

Coordinado y comisariado por Alexandra R.Rey y Paula Cabaleiro

En colaboración con los institutos: IES As Bizocas e IES Monte da Vila

AGRADECEMENTOS

“A todas aquelas persoas que fixeron posible este 

“Fío e agulla, tecendo historias”.

Grazas ao Concello do Grove, á súa Concellería de Igualdade e, especialmente, a Noemí Outeda, por confiar e apostar por proxectos artísticos que fomenten unha educación en valores e a transmisión da nosa memoria ás xeracións máis novas.

Grazas ao IES Monte da Vila e ao IES As Bizocas, ás súas direccións, ao profesorado e ao alumnado participante, que, con complicidade e implicación, levaron adiante esta iniciativa dun xeito inesquecible.

E grazas, Trina, pola túa valentía e a túa forza, por ser inspiración, experiencia e coidado. Grazas pola túa inmensa xenerosidade.”

O proxecto

DESDE O FACER, NOVOS MODOS DE COMUNICAR

Como artista é un auténtico privilexio poder vivir unha experiencia como a que aquí se recolle. Poder convivir cunhas pequenas-grandes persoas e ver crecer nelas as sementes que vas plantando no proceso foi, e é, algo marabilloso. 

Para o desenvolvemento deste proxecto presentamos un amplo abano de artistas contemporáneos, cada cal singular na súa maneira de proxectar emocións e conceptos, polas súas formas de creación e de relación co mundo que os rodea, dando diferentes respostas e xerando novas posibilidades de expresión. 

A fotografía, a videocreación e o collage foron as ferramentas de diálogo. 

Presentando obras desde a delicadeza e o baleiro da man de Carla Andrade e Lois Patiño coas súas paisaxes “suspendidas no tempo”. 

O empoderamento feminino, realzando o oficio da muller traballadora e o mar con Mar Caldas, Raimon Moreno ou Cristina Lucas. A realidade cotiá sen censuras de Nan Goldin, Alberto García Alix e Antoni Mountadas. A xestión da crueza do mundo que nos rodea desde a sutileza de Sally Mann e Dianne Arbus para quebrar roles sociais. O mundo interior e as emocións máis persoais, narradas desde a fotografía de Sophie Calle e Cristina Demiddle. O collage de Losúper e Walderman Strempler achégalles un modo de produción ao alcance da man cunha repercusión e poder inmenso. Rosendo Cid e Carolina Cruz coa súa conceptual comprensión do collage, desde a cal os materiais e obxectos cotiáns toman novos significados e apoian os seus discursos e intencións.  Cindy  Sherman desde a fotografía-collage familiar, tratando temas coma a ausencia, o esquecemento e a morte, os cales deben ser tratados, xunto con outros moitos, sen censura e con naturalidade. Fantasía, forza e empoderamento desde Maite Ortega, Lara Lars, Rebeca Elizegi, Elizabeth Amento e outras moitas e moitos grandes artistas.

Artistas do momento actual, que dialogan coas cuestións contemporáneas e lles dan forma desde a modernidade e os avances que representa o noso século.

Isto e moito máis é o que lles quixemos transmitir desde a creación artística a estas pequenas-enormes persoas. 

Rematamos esta experiencia vendo crecer unha semente inmensa, un pedaciño de nós e de moitas e moitos artistas, nuns corazóns dispostos a escoitar.

Agardamos achegarvos novas ferramentas para rumorear, falar ou gritar aos catro ventos.

Grazas por ser tan grandes.

Grazas por facer desta vivencia algo tan grande.

Seguide medrando.

Alexandra R. Rey, coordinadora do proxecto