“Dorna” Expresión poética galega
Colaboración para o Nª42 da revista “Dorna”.
Diálogo e conversa con marabillosas creacións de poetas novos/as e voces consagradas. Oriana Méndez, Marta Dacosta, Celia Parra, Estíbaliz Espinosa, Rosalía Fernández Rial, Lorena Souto, Xesús Constenla, Tamara Andrés ou Rexina Vega conviven con Ana Abad, Belén Senín, Benjamín Vidal, Serxio Abalo, Mario Pardo, Brais Lamela ou Sara Villar Aira.
Conversa con proxecto “12-25/71-84“.
Dorna. Expresión poética galega naceu en 1981 da man da asociación cultural Dorna da Illa de Arousa. Ao ano seguinte pasou á Cátedra de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade diríxea o catedrático de Lingüística Ramón Lorenzo e o seu comité de redacción fórmano as poetas Alba Cid e Ismael Ramos.




